Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2024

Lecturas de Samaín

                              Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras. Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas. Lume das santas Compañas. Mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Ouveo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pé do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida. Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol, levantarei as chamas deste lume que asemella ó do inferno e fuxirán as meigas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas. ¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augoarden...

Novo curso: Dinosaurios

 Comezamos o curso 2024-25 e a nova temática do proxectos de centro é : Dinosaurios. Algúns son xigantes e outros miden non máis de medio metro, pero todos sempre espertaron a nosa curiosidade dende que se descubriron os primeiros fósiles. Para moitos nenos e nenas, son tan fascinantes que acaban converténdose en verdadeiros expertos. Por iso preparamos unha selección de libros de dinosauros para os afeccionados a estes animais prehistóricos, cuxo interese, en moitos casos, comezou coa famosa saga cinematográfica de Jurassic Park. A película de Jurassic Park trata a seguinte temática: John Hammond é un multimillonario que fai realidade o seu soño: crear un parque temático de dinosauros. Antes de abrilo ao público, decide convidar a unha parella de científicos e un matemático para que visiten a illa e comproben a viabilidade do parque. Pero as medidas de seguridade non poderán conter a ameaza que supón a existencia destes seres hoxe en día. Idade recomendada: +12 anos  Dispoñib...

Novembro: mês da ciencia en galego

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Neste ano 2024 o científico homenaxeado é o matemático José Rodríguez González (Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824) como Científico Galego do ano 2024, coincidindo co bicentenario do seu falecemento. José Rodríguez foi un adiantado da súa época, o primeiro científico galego en acadar unha dimensión internacional, cun perfil liberal e modernizador. Ademais de matemático, interesouse pola xeodesia, a astronomía, a cristalografía e a mineraloxía; mantendo contactos cos científicos europeos de referencia en cada unha destas disciplinas. Este neno labrego de Lalín converteuse en catedrático de Matemáticas na USC. Logo trasladouse a París, onde estudou Astronomía e Altas Matemáticas. Participou na expedición internacional que permitiu definir o metro como unidade de medida. Tamén estudou en Inglaterra e regresou a ...