Mochilas viaxeiras
As Mochilas Viaxeiras poñense en marcha no Souto! Xa está todo listo para que comece unha das aventuras máis agardadas do curso. O equipo da Biblioteca do Souto xa ten preparadas as Mochilas Viaxeiras, cargadas de lecturas, sorpresas e momentos para compartir na casa en familia. Como funciona o préstamo? Entrega na aula: Non fai falta vir á biblioteca a collelas. A titora de cada curso entregaralle a mochila directamente ao alumnado na súa aula. Duración: A mochila permanecerá na casa durante dúas semanas completas (de luns a luns) para poder gozar dos seus contidos con calma. Coidado do material: Lembrade coidar moito todo o que vai no interior para que as seguintes familias tamén o atopen en perfecto estado. Que imos atopar dentro? Cada mochila inclúe unha coidada selección de libros adaptados a cada etapa —dende álbums ilustrados e cómics ata narrativa, poesía e libros divulgativos sobre a natureza ou a ciencia— xunto co Caderno Viaxeiro . Entre os tí...