Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

LECTURAS DE CIENCIA

Como este mes de novembro é o mes da ciencia en galego a biblioteca do Souto elaborou un tríptico con recomedación lectoras. Botádelle unha ollada.

NOVEMBRO: Mes da Cienca en Galego

Como cada novembro, este ano volvemos festexar outro mes da ciencia en galego, nesta ocasión trátse da edición   XIV da Cienca en Galego Dende a Biblioteca do Souto elaboramos para esta ocasión un calendario de efeméridas científicas para o mes de novembro. Algunhas desas efeméridas son: 2 de novembro do 2000: A Expedición 1 ou Expedición Un foi a primeira estancia de longa duración na Estación Espacial Internacional por parte dunha tripulación, formada por tres persoas, que permaneceron a bordo da estación durante 136 días entre novembro de 2000 e marzo de 2001. Desde entón a presenza da actividade humana na estación. foi ininterrompida e continúa ata hoxe. A Expedición 2, que tamén tiña tres membros, seguiu inmediatamente. 3 de novembro de 1957: Entre os grandes nomes da carreira espacial, hai un aínda máis coñecido que moitos astronautas. Trátase de Laika, o can que tripulaba o satélite Sputnik 2 e converteuse así na primeira criatura da Terra en chegar ao espazo. A viaxe demostrou