Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

Efemérides maio

Ahi ven o maio De frores cuberto Puxéronse a porta Cantándome os nenos Os puchos furados Pra min extendendo Pedíronme crocas Dos meus castiñeiros Esta fermosa canción de Emilio Batallán falamos do més de mai: o mes das flores. A vinculación deste mes coas flores, ademais da propia natureza, ten a súa orixe na historia e na cultura popular.Os antigos romanos xa celebraban unha festa na honra de Maia, a deusa da saúde e da fertilidade. Os enfermos eran levados aos seus templos con herbas medicinais para rezar pola cura e o templo estaba decorado con flores. Esta divindade, fortemente ligada á natureza, deu nome ao mes de maio. As flores mandan unha mensaxe de vida, de prosperidade e de esperanza. Por ista razón as efemérides deste mes van dirixidas a lembrar feitos e persoas que simbolizan esperanza. O 1 de maio de 1886 comezou unha folga xeral obreira en Chicago (Estados Unidos) para reclamar unha xornada laboral de oito horas. Isto levaría á revolta de Haymarket tres días despois, o 4