Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Calendario de Efemérides en Abril: Mes dos libros

En abril,  libros mil. Abril é o mes do libro e non só porque o 23 de abril conmemórase o Día do Libro, declarado pola UNESCO en 1995, senón porque hai outras efemérides literarias importantes e as cidades se enchen dun ambiente amante dos libros. Pero hai moito máis,  O 1 de abril é o Día do Libro LGBT, o 2 de abril celébrase o Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil,  o 14 de Abril lembramos a Simone de Beauvoir, escritora francesasa feminista e  o 19 de abril é o Día da Lingua Chinesa.   Pero coma sempre, imos analizar día a día : 2015: Día do Libro LGTB+: a importancia da literatura para o colectivo O Día do Libro LGTB+ é unha iniciativa que xurdiu en 2015, promovida pola asociación madrileña Arcópoli. Desde 2005, Arcópoli dedícase a loitar pola igualdade das persoas LGTB+ e contra todas as formas de discriminación e violencia LGBTfóbica. Esta xornada do libro en concreto ten un obxectivo primordial: seguir loitando pola plena inclusión do colectivo e normalizar unha literatura moi