Ir al contenido principal

Novembro: mês da ciencia en galego






Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Neste ano 2024 o científico homenaxeado é o matemático José Rodríguez González (Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824) como Científico Galego do ano 2024, coincidindo co bicentenario do seu falecemento.
José Rodríguez foi un adiantado da súa época, o primeiro científico galego en acadar unha dimensión internacional, cun perfil liberal e modernizador. Ademais de matemático, interesouse pola xeodesia, a astronomía, a cristalografía e a mineraloxía; mantendo contactos cos científicos europeos de referencia en cada unha destas disciplinas.
Este neno labrego de Lalín converteuse en catedrático de Matemáticas na USC. Logo trasladouse a París, onde estudou Astronomía e Altas Matemáticas. Participou na expedición internacional que permitiu definir o metro como unidade de medida. Tamén estudou en Inglaterra e regresou a Galicia como catedrático de Matemáticas Sublimes na USC, sendo profesor de Domingo Fontán. De seguido trasládase a Alemaña e posteriormente volve a París, momento no que mercou e remitiu instrumentos científicos para a Universidade de Santiago e para o seu discípulo Fontán.
No eido da Astronomía, foi profesor e tamén dirixiu o Observatorio de Madrid. Foi deputado por Galicia e implicouse na creación dunha Universidad Central, xerme da actual Universidad Complutense de Madrid. Así mesmo, realizou calendarios agrícolas para Galicia e Asturias. Pasou os derradeiros meses da 
súa vida en Santiago, onde faleceu en 1824 e foi soterrado na igrexa de Santo Agostiño.
Vídeo pedagóxico sobre a participación do científico galego José Rodríguez no proxecto internacional que permitiu establecer o metro como unidade de medida.

Co fin de divulgar a súa figura, estanse a realizar unha serie de actividades ao longo deste ano, entre elas unha exposición dedicada ao coñecido como “Matemático Rodríguez” ou “Matemático de Bermés”. A mostra pode visitarse na igrexa da Universidade de Santiago ata o 12 de novembro, momento no que iniciará un percorrido por outros puntos da xeografía galega e nacional, en particular o Concello de Lalín e a Casa de Galicia en Madrid.
Por outra banda, aquí vos deixo unhas recomendacións lectoras de ciencia en galego:


A CIENCIA DO DÍA A DÍA

Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? Estas son algunhas das preguntas ás que responde A ciencia do día a día, un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira. Queres saber se un robot pode ter sentimentos? Queres saber por que estoupan os flocos de millo? Este libro explica, de xeito moi breve e sinxelo, moitos feitos da ciencia que nos acompañan na nosa vida diaria. Un libro para aprender... divertíndote.

PEQUECHOS
Colección de seis libros sobre animais e as súas crías. Publicada en 2008 por Faktoría K de Libros
  • Pequechos das montañas
  • Pequechos do deserto
  • Pequechos da selva
  • Pequechos dos ríos e lagos
  • Pequechos das pradarías e das sabana
  • Pequechos das terras polares


ANIMAIS EXTRAORDINARIOS


Colección de seis libros sobre animais. A colección Animais extraordinarios convida a descubrir todo tipo de curiosidades sobre a fauna do planeta. A intención do autor, Xulio Gutiérrez, é ofrecer información de alto rigor científico dun xeito ameno e atractivo para o público infantil, fuxindo do habitual concepto do libro de texto. Destaca tamén o gran traballo do ilustrador Nicolás Fernández, un apaixonado polos animais que se define como un «antigo neno» do divulgador Félix Rodríguez de la Fuente. Conta cos seguintes títulos.

  • Bocas
  • Nacer
  • Construtores
  • Ocultos
  • Ollos
  • Viaxeiros

    PREGUNTAS QUE POÑEN OS PELOS DE PUNTA

Libro de ciencias cheo de preguntas e respostas que axudarán a nenos, e non tan nenos, a comprender o mundo dunha maneira amena e divertida. As explicacións veñen acompañadas de moitos datos curiosos e historias que axudarán a espertar o interese de todos pola ciencia. Este é o primeiro volume dunha colección de libros elaborados por unha física e unha bióloga arxentinas, Carla Baredes e Ileana Lotersztain, ás que se lles une o debuxante Javier Basile aportando unha nota de humor. As súas publicacións foron recoñecidas con varios premios a nivel internacional. É un libro recomendado para curiosos de entre 8 e 108 anos.
Eta coleción ten tres libros.

CAMIÑOS DE CIENCIA

Ao longo do Camiño de Santiago hai moitos puntos de interese, destinos e atractivos turísticos, algúns pouco coñecidos, aínda que con gran valor científico e patrimonial.  E a intersección entre a ruta xacobea e a ciencia é máis forte do que parece.

Xeoloxía, botánica e zooloxía, pero tamén a medicina, a farmacoloxía e por suposto a arqueoloxía e a historia explican o Camiño en todas as súas dimensións. Esta guía, Camiños da Ciencia, destaca o valor dos recursos turísticos científicos que existen na zona de influencia do Camiño Francés e do Camiño de Inverno.

INVENTARIOS KALANDRAKA

Os inventarios da editorial Kalandraka son libros que lembran aos vellos cadernos de campo con exquisitas ilustracións feitas con tinta china, acuarelas e rotulador.
Son unha xoia para os amantes da natureza, os nenos e non tan nenos, de forma independente. Os títulos son:
  • Inventario ilustrado de frutas y verduras
  • Inventario ilustrado de los árboles
  • Inventario ilustrado de flores
  • Inventario ilustrado de los mares
  • Inventario ilustrado de animales con cola
  • Inventario ilustrado de insectos
  • Inventario ilustrado de animales
  • Inventario ilustrado de aves
  • Inventario ilustrado de dinosaurios
  • Inventario ilustrado de rocas y minerales

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade para as letras galegas 2025

  Actividade proposta dende a biblioteca para o día das letras galegas: “O SON DA MIÑA CASA” Propoñémosvos unha actividade interactiva para compartir no blog da biblioteca e implicar a toda a comunidade educativa. Grava unha canción ou recolle un son tradicional: Pide ao túa familia que graben unha pequena peza musical ou recollan un son tradicional da súa contorna (unha nana, un canto, unha pandeirada, ou mesmo un son natural característico da súa zona, como o vento nas árbores ou o canto dun paxaro). Mandar o teu arquivo: poderedes mandar os vosos audios ou vídeos acompañados dunha pequeña explicación.  Informámosvos de que xa podedes enviar os arquivos de audio ou vídeo que queirades compartir. Para facilitar este proceso, imos habilitar unha nova pestana na nosa páxina web onde poderedes subir directamente o voso material. Así, poderemos xuntar todos os contidos e compartilos co resto da comunidade educativa. Se tedes calquera dúbida ou precisades axuda para subir...

23 de abril - Día do Libro: unha homenaxe á lectura

Un libro para soñar: a nosa homenaxe ao Día do Libro O mércores 23 de abril, no CEIP Manuel Villar Paramá celebraremos o Día do Libro cunha actividade moi especial que une emoción, lectura compartida e imaxinación:  Apadriñamento lector. Un libro para soñar Apadriñamento lector  Faremos o noso xa tradicional Apadriñamento Lector. Se o tempo o permite, sairemos ao patio, e alí maiores e pequenos compartirán historias, contos e aventuras baixo o sol primaveral. Un momento máxico onde os libros serven de ponte  Un libro para soñar Pero este ano queremos ir un pasiño máis alá. Antes das vacacións de Semana Santa, repartiremos unha ficha chamada  “Un libro para soñar”, onde cada neno ou nena poderá contar cal é ese libro que leva no corazón: O que máis lle gusta O que lle fai rir, O que lle esperta a imaxinación, Ou o que lle gustaría recomendar a outras persoas. Con todas estas respostas tan cheas de verdade e ilusión, faremos un vídeo conmemorativo onde recoller...

Novo curso: Dinosaurios

 Comezamos o curso 2024-25 e a nova temática do proxectos de centro é : Dinosaurios. Algúns son xigantes e outros miden non máis de medio metro, pero todos sempre espertaron a nosa curiosidade dende que se descubriron os primeiros fósiles. Para moitos nenos e nenas, son tan fascinantes que acaban converténdose en verdadeiros expertos. Por iso preparamos unha selección de libros de dinosauros para os afeccionados a estes animais prehistóricos, cuxo interese, en moitos casos, comezou coa famosa saga cinematográfica de Jurassic Park. A película de Jurassic Park trata a seguinte temática: John Hammond é un multimillonario que fai realidade o seu soño: crear un parque temático de dinosauros. Antes de abrilo ao público, decide convidar a unha parella de científicos e un matemático para que visiten a illa e comproben a viabilidade do parque. Pero as medidas de seguridade non poderán conter a ameaza que supón a existencia destes seres hoxe en día. Idade recomendada: +12 anos  Dispoñib...