Ir al contenido principal

Lecturas de Samaín


                            Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das santas Compañas.
Mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol, levantarei as chamas deste lume
que asemella ó do inferno
e fuxirán as meigas a cabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que
non poden deixar de queimarse
no augoardente quedando así purificadas.
E cando esta brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume,
a vós fago esta chamada:
Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espritos dos amigos que estean fóra,
participen con nós desta queimada.
Este é o conxuro da queimada, porque como xa sabrás, Galicia é terra de meigas, de bruxería, de conxuros e de Samaín, unha festa tradicional que celebramos tanto en Galicia como Asturias e León o 31 de outubro, que ten oríxenes celtas.
O Samaín provén da palabra gaélica 'Samhain', que significa 'fin do verán'. E neste sentido, os celtas celebraban a fin do verán e a vendima con distintos rituais que perduraron ata hoxe.
“A noite de Samhain“ é unha festividade de orixe celta que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da final da tempada de cosechas na cultura celta, se considera o “Año Nuevo Celta“, que comezaba coa estación oscura. Foi celebrada durante máis de 3000 anos polos pobos celtas que poblaron toda Europa.
Para estas datas dende a biblioteca do Souto facemos unha proposta de lecturas cheas de misterio e tradición.
As recomendacións están ordenadas de menos a moior idade.

Un, dous, tres, vampiro ti es
Nadia Budde.

Despois do premiado “Un dous tres, que ves?”, esta nova proposta segue apostando pola dimensión lúdica do libro e da lectura, co tándem texto-ilustracións como fórmula para recoñecer palabras e imaxes a través da rima e do ritmo. Este libro presenta un esquema baseado na repetición e o xogo encadeado de personaxes extraños e desgarbados en diferentes situacións e actitudes. Nesta ocasión, a galería de figuras que se asoman a estas páxinas destaca polo seu aspecto aparentemente inquedante: vampiros, pantasmas, monstros e esqueletos súmanse a animais a primeira vista desagradables, perigosos ou asociados á mala sorte como arañas, carrachos, serpes, tiburóns, crocodilos, gatos negros ou morcegos. Con todo, proxectan unha ollada tenra, afectuosa e burleira que nos atrapa e fainos sorrir.



Soñar con dinosaurios
Ahlberg, Allan
Amstutz, André

Unha nova e trepidante aventura dos esqueletos máis divertidos.

En esta ocasión son perseguidos en sueños por orixinais osamentas de dinosaurios hasta que el valiente esqueleto perruno desencadena un terrorífico y divertido final. Despois de “¡Que risa de huesos!”, outro álbum da serie clásica inspirada nos personaxes creados por Allan e Jane Ahlberg que dio lugar nos anos 80 a unha exitosa serie de animación.

O LIBRO DOS MEDOS
MARIA CANOSA

Este libro afonda nos medos "que non son medos", nos medos que ameazan o soño da infancia e que a autora desmonta con intelixencia e rimas fáciles capaces de converterse un pesadelo infantil nun soño feliz.

O NOSO SAMAIN
LORETTA BIROTT BERMEJO

BENVIDOS A UNHA DAS NOITES MÁIS ESPECIAIS DO ANO. IMOS COÑECER O SAMAÍN, UNHA FESTA CHEA DE MÁXIA, ONDE CASE TODO PODE ACONTECER.
O NOSO SAMAÍN, non o Halloween…esa é a premisa que moveu a Loretta Birott e á Editorial Galaxia a apostar por este femoso álbum ilustrado por Nuria Valdeón: explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen de hai moitísimos séculos, tantos como ten o noso pobo milenario.
Para a autora é crucial, e a editorial comparte, que a cativada galega saiba que a tradición dos calacús e do contacto entre os mortos e os vivos é, tamén, galega, que se chama Samaín e que leva celebrándose no País, dende sempre. Unha xeitosa maneira de achegarse a esta tradición nun relato sinxelo, poético e cargado de historias.

O LIBRO SECRETO DE MORTIÑA
CANTINI, BARBARA

Hay amistades que son muy especiales, sobre todo si tu amiga es una… zombi, como Mortiña…!En estas páginas podréis compartir vuestras pasiones, sueños, miedos y todos los secretos más secretos. Escribir, jugar y dibujar a la vez que Mortiña será divertido a más no poder
Hai mási títulos da colección de Mortña. Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombi.


ARREPÍO
AA.VV

13 historias de medo arrepiante que amosan a Galicia máis escura. Unha revisión da tradición popular do medo na procura de novas lendas que encaixar nun roteioro de escearios da xeografía de noso.

Un libro creado pols mans de 13 almas indispensables de varias xeracións da banda deseñada galega.Tamén conta con outro título da colección.
Recompilación de historias curtas, aparecidas en diversas publicacións durante os últimos vinte anos, da man de Manel Cráneo.
Son relatos marcados polo humor negro, acedo e irónico, co nexo común de teren como protagonistas esqueletos que reflexionan sobre o mundo e a sociedade. Unha divertida viaxe por outros mundos paralelos ao noso, habitados polos que viviron nel antes ca nós.



FRANKENSTEIN
Mary Shelley / M. Chandler / Linus Liu


Obsesionado coa filosofía natural, o mozo Victor Frankenstein consegue crear vida a partir dos seus elementos básicos, e abandona a monstruosidade recentemente nacida aterrorizada cando non pode soportar mirala. A criatura rexeitada desaparece e Víctor tenta esquecer o que fixo... Pero o monstro sobrevive. Aprende. Privado de todo, destinado a estar para sempre só, non lle queda máis que vinganza.
Este libro é un cómic Manga.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade para as letras galegas 2025

  Actividade proposta dende a biblioteca para o día das letras galegas: “O SON DA MIÑA CASA” Propoñémosvos unha actividade interactiva para compartir no blog da biblioteca e implicar a toda a comunidade educativa. Grava unha canción ou recolle un son tradicional: Pide ao túa familia que graben unha pequena peza musical ou recollan un son tradicional da súa contorna (unha nana, un canto, unha pandeirada, ou mesmo un son natural característico da súa zona, como o vento nas árbores ou o canto dun paxaro). Mandar o teu arquivo: poderedes mandar os vosos audios ou vídeos acompañados dunha pequeña explicación.  Informámosvos de que xa podedes enviar os arquivos de audio ou vídeo que queirades compartir. Para facilitar este proceso, imos habilitar unha nova pestana na nosa páxina web onde poderedes subir directamente o voso material. Así, poderemos xuntar todos os contidos e compartilos co resto da comunidade educativa. Se tedes calquera dúbida ou precisades axuda para subir...

23 de abril - Día do Libro: unha homenaxe á lectura

Un libro para soñar: a nosa homenaxe ao Día do Libro O mércores 23 de abril, no CEIP Manuel Villar Paramá celebraremos o Día do Libro cunha actividade moi especial que une emoción, lectura compartida e imaxinación:  Apadriñamento lector. Un libro para soñar Apadriñamento lector  Faremos o noso xa tradicional Apadriñamento Lector. Se o tempo o permite, sairemos ao patio, e alí maiores e pequenos compartirán historias, contos e aventuras baixo o sol primaveral. Un momento máxico onde os libros serven de ponte  Un libro para soñar Pero este ano queremos ir un pasiño máis alá. Antes das vacacións de Semana Santa, repartiremos unha ficha chamada  “Un libro para soñar”, onde cada neno ou nena poderá contar cal é ese libro que leva no corazón: O que máis lle gusta O que lle fai rir, O que lle esperta a imaxinación, Ou o que lle gustaría recomendar a outras persoas. Con todas estas respostas tan cheas de verdade e ilusión, faremos un vídeo conmemorativo onde recoller...

Novo curso: Dinosaurios

 Comezamos o curso 2024-25 e a nova temática do proxectos de centro é : Dinosaurios. Algúns son xigantes e outros miden non máis de medio metro, pero todos sempre espertaron a nosa curiosidade dende que se descubriron os primeiros fósiles. Para moitos nenos e nenas, son tan fascinantes que acaban converténdose en verdadeiros expertos. Por iso preparamos unha selección de libros de dinosauros para os afeccionados a estes animais prehistóricos, cuxo interese, en moitos casos, comezou coa famosa saga cinematográfica de Jurassic Park. A película de Jurassic Park trata a seguinte temática: John Hammond é un multimillonario que fai realidade o seu soño: crear un parque temático de dinosauros. Antes de abrilo ao público, decide convidar a unha parella de científicos e un matemático para que visiten a illa e comproben a viabilidade do parque. Pero as medidas de seguridade non poderán conter a ameaza que supón a existencia destes seres hoxe en día. Idade recomendada: +12 anos  Dispoñib...