Ir al contenido principal

Letras Galegas 2024


A Real Academia Galega, en sesión celebrada o 29 de xuño de 2023, acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta Gómez polo súa contribución á cultura de Galicia e á lingua galega.
Naceu na Coruña, o 15 de xullo de 1957. Foi a filla maior dunha familia de clase media; o pai Rafael, profesor mercantil e a nai, María, formada en comercio, trasmitironlle ás súas dúas fillas a afección pola música. súa infancia transcorre entre libros, xogos no parque, debuxos e a observación propia dunha nena esperta e curiosa. Con oito anos, comezou os seus estudos no Conservatorio de Música de Coruña. Dezaoito anos despois gradúase como titulada superior de violino.
Logo, estuda Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, e pasará a exercer como profesora de Lingua e Literatura Galegas.
Luísa Villalta escribiu obras de diversos xéneros: narrativa, poesía e teatro. E non só iso, senon que colaborou con diversas revistas e asociacións a prol da lingua galega. A primeira obra desta autora trátase dunha peza teatral chamada “Concerto para un home só”. Outras obras coñecidas son “As chaves do tempo” (de narrativa) ou “En concreto” (de poesía). Nelas trata temas como a natureza, a identidade ou a memoria. Finalmente falece o 6 de marzo de 2004, a causa dunha meninxite.
Estes son algúns dos libros máis axeitados para o público máis pequeno.
LUISA VILLALTA: SEMPRE INFINITA por Eva Mejuto
Unha nova entrega da nosa colección MIUDIÑAS dedicada, nesta ocasión, a LUÍSA VILLALTA, homenaxeada este ano 2024 no día das Letras Galegas. A colección MIUDIÑAS conta, en palabras e imaxes, a vida de artistas senlleiras da nosa cultura. “Sempre Infinita” é un álbum poético, un petisco da vida e obra de Luísa Villalta, narrada con palabras e imaxes desde as ondas do mar.
«Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta» POLO CORREO DO VENTO, Lela Edicións
Ilustrada por Tania Solla na serie «Mulleres galegas», de Polo Correo do Vento, viu a luz o ano pasado o que foi a primeira achega en forma de publicación sobre Villalta tras a decisión da RAG de homenaxeala co Día das Letras Galegas. Orientada cara a un lectorado novo presenta os trazos biográficos básicos da poeta e amosa a súa dimensión creativa onde cobran relevancia a música, a literatura e a actitude reivindicativa como elementos indisociables na configuración da súa memoria.
«Alma de violino» BEATRIZ MACEDA / ELI RÍOS, Editorial Xerais
Acértase, ao meu ver, tanto no ton do discurso como no deseño do corpus plástico neste formato de álbum ilustrado ideado coa intención de divulgar aqueles aspectos máis relevantes de Luísa Villalta. A ilustradora Laura Suárez e o tándem creativo conformado por Beatriz Maceda e Eli Ríos, conseguen peneirar as precisas doses de información previa de maneira que calquera persoa que achegue a este libro será difícil que nela non medre o interese na figura polifacética de Villalta e, abofé, na súa obra poliédrica.
O violino de Luisa Santalices, Veronica GALAXIA EDITORIAL
O silencio apoderouse da Coruña. O vento e os reloxos enmudeceron. O mar, calmo, semella de chumbo. Non se oen nin as cantigas das redeiras na praia, nin as coplas dos mariñeiros nas tabernas antes de regresar á casa.A Música e a Poesía desapareceron para asombro e tristura de toda a veciñanza. A nena Luísa Villalta e o seu inseparable compañeiro, Violino, inician unha emocionante aventura percorrendo ruelas e recunchos da cidade para resolver o misterio e devolver á cidade a súa alegría e bulicio.
«Luísa Vilalta, melodía de palabras»MARÍA CANOSA, Xerais
Un achegamento, para un público novo mais non só, á biografía de Villalta e á súa obra, depositaria dunhas claves que cómpre saber explicar con efectividade. Sistematízase un percorrido que se estende desde os territorios da infancia e da esfera familiar, repara nos anos de formación académica, no seu compromiso social e no seu labor profesional, vinculado coa docencia. Deseña, asemade, os límites deses universos que fundiu esplendidamente nunha produción singular como son o da música e a palabra: trazos que a biógrafa revela con brillantez ao abrazar unha estrutura inspirada nun pentagrama á que, ademais, se une unha breve e ben representativa escolma poética.
Toda esta información atópase neste tríptico
A mestra Natalia xunto co alumnado do CEIP Manuel Villar Paramá fixo un material para conmemorar as letras galegas. Clica sobre a imaxe para acceder ao material. 
Actividades en formato PDF creadas pola nosa mestra Natalia: pulseiras, xogos de enlazar, debuxo para colorear de Luísa Villalda…
Banda deseñada sobre Luisa Villalta elaborado polos alumnos do CEIP Manuel Villar Paramá


Ademáis deixovos estés enlaces tan interesantes. Premede sobre a imaxe.
Seminario galán
O seminário galán recopila actividades sobre a biografía e obra de Luisa Villalta: Escolma de Textos, cartafol despregable , Cuestionario exposición, Marcapáxinas, Comecocos, Roda Xiratoria e Dez Poemas.
"Violino, Inglesas e o libro xigante"
Primavera das Letras, que acubillará unha historia sobre Luísa Villalta, "Violino, Inglesas e o libro xigante", que ten como narradores o violín da homenaxeada e a guitarra de Rosalía De Castro
O documental -Luísa Villalta: a rebelión da palabra.
Luísa Villalta: a rebelión da palabra: un documental, dirixido por Damián Varela Pastrana, consta de seis episodios nos que máis dunha vintena de voces trazan un retrato coral sobre a poeta. Os capítulos son:
  • Capítulo 1. Antes da palabra, o son 
  • Capítulo 2. Melodía 
  • Capítulo 3. Harmonía 
  • Capítulo 4. Silencio 
  • Capítulo 5. Ruído. 
  • Capítulo 6. Eco



Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade para as letras galegas 2025

  Actividade proposta dende a biblioteca para o día das letras galegas: “O SON DA MIÑA CASA” Propoñémosvos unha actividade interactiva para compartir no blog da biblioteca e implicar a toda a comunidade educativa. Grava unha canción ou recolle un son tradicional: Pide ao túa familia que graben unha pequena peza musical ou recollan un son tradicional da súa contorna (unha nana, un canto, unha pandeirada, ou mesmo un son natural característico da súa zona, como o vento nas árbores ou o canto dun paxaro). Mandar o teu arquivo: poderedes mandar os vosos audios ou vídeos acompañados dunha pequeña explicación.  Informámosvos de que xa podedes enviar os arquivos de audio ou vídeo que queirades compartir. Para facilitar este proceso, imos habilitar unha nova pestana na nosa páxina web onde poderedes subir directamente o voso material. Así, poderemos xuntar todos os contidos e compartilos co resto da comunidade educativa. Se tedes calquera dúbida ou precisades axuda para subir...

23 de abril - Día do Libro: unha homenaxe á lectura

Un libro para soñar: a nosa homenaxe ao Día do Libro O mércores 23 de abril, no CEIP Manuel Villar Paramá celebraremos o Día do Libro cunha actividade moi especial que une emoción, lectura compartida e imaxinación:  Apadriñamento lector. Un libro para soñar Apadriñamento lector  Faremos o noso xa tradicional Apadriñamento Lector. Se o tempo o permite, sairemos ao patio, e alí maiores e pequenos compartirán historias, contos e aventuras baixo o sol primaveral. Un momento máxico onde os libros serven de ponte  Un libro para soñar Pero este ano queremos ir un pasiño máis alá. Antes das vacacións de Semana Santa, repartiremos unha ficha chamada  “Un libro para soñar”, onde cada neno ou nena poderá contar cal é ese libro que leva no corazón: O que máis lle gusta O que lle fai rir, O que lle esperta a imaxinación, Ou o que lle gustaría recomendar a outras persoas. Con todas estas respostas tan cheas de verdade e ilusión, faremos un vídeo conmemorativo onde recoller...

Os sons da miña casa: mapa sonoro

  Hai sons que non se escoitan coa orella, senón co corazón. Sons que veñen do fondo da casa, do fondo da alma.  Este vídeo é un mapa sonoro feito de pequenas músicas que viven agochadas nos recunchos da vida cotiá: a máquina de coser que cose soños, o miañar do gato que acouga a memoria, o trator que sulca a terra coma quen escribe versos sobre o campo. No CEIP Manuel Villar Paramá quixemos recoller eses sons que nos fan, que nos nomean. As nosas familias achegaron melodías de sempre —nanas, pandeiradas, cantos tradicionais— e tamén sons da natureza que nos envolven: o río, os paxaros, o vento e o lume. Tamén chegaron ecos actuais: o acordeón dun avó que toca “Amoriños collín”, a voz infantil que brinca entre palabras, ou o fliscorno dun pai que nos leva ata Rosalía. Neste vídeo, cada son conta unha historia. Son historias sen tinta, escritas con aire e emoción. Sons que se suspenden no tempo coma a ponte de Xirimbao sobre o Ulla, unindo xeracións, paisaxes e lembranzas....