Ir al contenido principal

Actividades para o 23 de abril: día do libro.


O Día do Libro: En 1995, a UNESCO proclamou o 23 de abril Día do Libro e dos Dereitos de Autor, data que coincide coa morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
En case todos os libros de texto dicíase que, por casualidade histórica, dous dos maiores xenios literarios da historia, Shakespeare e Cervantes, "morreron o mesmo día". Concretamente o 23 de abril de 1616.  Porén, non é certo que morresen o mesmo día. Resulta que, daquela, Inglaterra aínda utilizaba o antigo calendario xuliano, mentres que España xa pasara ao calendario gregoriano. Este calendario, creado polo papa Gregorio XIII en 1582, utilizaba unha medida do número de días dun ano, que é diferente do número de días do calendario xuliano. Este calendario foi implementado por Xulio César no ano 46 a.C. (antes de Cristo), introducindo os anos bisiestos4 (366 días ao ano) para axustarse ao feito de que a Terra non fai un número enteiro de revolucións nun ano. En realidade, un ano dura algo máis de 365 días .O calendario gregoriano é moito máis preciso que o xuliano, xa que co calendario xuliano produciuse un desaxuste de 11 minutos ao ano. Por iso, en 1582, o era xa de 10 días, e o equinoccio de marzo (primavera no hemisferio norte) tivo lugar o 11 de marzo, en lugar do 21.
Así, en 1616 hai un importante oco no reconto dos días reais entre Inglaterra e España. E por iso, cando en Inglaterra consta que Shakespeare morreu o 23 de abril de 1616, en realidade, segundo o calendario gregoriano morreu o 3 de maio dese ano. Ademais, recentemente descubriuse que Cervantes morreu un día antes, o 22 de abril de 1616, e o 23 de abril foi en realidade o día do seu enterro. As enciclopedias foron rectificando o vello erro e hoxe rexistran correctamente o 22 de abril como data real da morte do xenio da literatura en castelán.
Pero aínda que exista ese erro nas datas da morte destes dous grandes escritores,  que mellor data para dedicarlla ao Quixote. 
Estas son as actividades propostas para este día.

ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL DE 2024:
  • CÓMIC DE DON QUIjOTE: Imos crear o noso propio cómic . Para elo o equipo de biblioteca creou este cómic mudo de Don Quijote. Clicando sobre a primeira imaxe pódese descargar o cómic.

O cómic ten os seguintes capítulos:

  1. Don Quijote de la Mancha
  2. Don Quijote, armado caballero
  3. Un desafío nunca visto
  4. La lamentable vuelta a casa 
  5. La espantable aventura de los molinos de viento 
  6. Lluvia de palos
Está baseado no libro "El Quijote contado a los niños" de Rosa Navarro Durán. Na biblioteca contamos con un lote grande deste clásico.
Texto de Rosa Navarro Durán e ilustracións de Francesc Rovira. Editorial Edebe. (200 páxinas). Esta historia cóntanos a vida dun home que amaba os libros medievais, e a partir deles, converteuse nun cabaleiro coñecido por todos. 

Tamén deixo o libro de Rosa Navarro en formato dixital.

Ademais deste libro na biblioteca contamos con unha coleción de Don Quijote variada. 


Tamén vos deixo outros enlaces sobre EL QUIJOTE que poden ser interesantes para a elaboración do cómic:

Video de Don Quixote para os máis pequenos.


Neste video encontaredes o Primeiro episodio da serie animada DON QUIXOTE DE LA MANCHA de 1979.


  • Facer imáns coa máquina de chapas.
  • Bibliopatio: Esta iniciativa nace coa idea de ofrecer un anaquiño da biblioteca no patio. Un dos nosos axudantes saca o carro de bibliopatio ao recreo cunha chea de libros entretidos que se poden ler nun pouco, que ocupan un recreo. Son libros viaxeiros porque cada día van e veñen sobre rodas e fannos gozar do pracer de ler baixo o sol. Durante a semana do 22 ao 26 de abril sairá o carro de bibliopatio ao recreo. 





Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade para as letras galegas 2025

  Actividade proposta dende a biblioteca para o día das letras galegas: “O SON DA MIÑA CASA” Propoñémosvos unha actividade interactiva para compartir no blog da biblioteca e implicar a toda a comunidade educativa. Grava unha canción ou recolle un son tradicional: Pide ao túa familia que graben unha pequena peza musical ou recollan un son tradicional da súa contorna (unha nana, un canto, unha pandeirada, ou mesmo un son natural característico da súa zona, como o vento nas árbores ou o canto dun paxaro). Mandar o teu arquivo: poderedes mandar os vosos audios ou vídeos acompañados dunha pequeña explicación.  Informámosvos de que xa podedes enviar os arquivos de audio ou vídeo que queirades compartir. Para facilitar este proceso, imos habilitar unha nova pestana na nosa páxina web onde poderedes subir directamente o voso material. Así, poderemos xuntar todos os contidos e compartilos co resto da comunidade educativa. Se tedes calquera dúbida ou precisades axuda para subir...

23 de abril - Día do Libro: unha homenaxe á lectura

Un libro para soñar: a nosa homenaxe ao Día do Libro O mércores 23 de abril, no CEIP Manuel Villar Paramá celebraremos o Día do Libro cunha actividade moi especial que une emoción, lectura compartida e imaxinación:  Apadriñamento lector. Un libro para soñar Apadriñamento lector  Faremos o noso xa tradicional Apadriñamento Lector. Se o tempo o permite, sairemos ao patio, e alí maiores e pequenos compartirán historias, contos e aventuras baixo o sol primaveral. Un momento máxico onde os libros serven de ponte  Un libro para soñar Pero este ano queremos ir un pasiño máis alá. Antes das vacacións de Semana Santa, repartiremos unha ficha chamada  “Un libro para soñar”, onde cada neno ou nena poderá contar cal é ese libro que leva no corazón: O que máis lle gusta O que lle fai rir, O que lle esperta a imaxinación, Ou o que lle gustaría recomendar a outras persoas. Con todas estas respostas tan cheas de verdade e ilusión, faremos un vídeo conmemorativo onde recoller...

Os sons da miña casa: mapa sonoro

  Hai sons que non se escoitan coa orella, senón co corazón. Sons que veñen do fondo da casa, do fondo da alma.  Este vídeo é un mapa sonoro feito de pequenas músicas que viven agochadas nos recunchos da vida cotiá: a máquina de coser que cose soños, o miañar do gato que acouga a memoria, o trator que sulca a terra coma quen escribe versos sobre o campo. No CEIP Manuel Villar Paramá quixemos recoller eses sons que nos fan, que nos nomean. As nosas familias achegaron melodías de sempre —nanas, pandeiradas, cantos tradicionais— e tamén sons da natureza que nos envolven: o río, os paxaros, o vento e o lume. Tamén chegaron ecos actuais: o acordeón dun avó que toca “Amoriños collín”, a voz infantil que brinca entre palabras, ou o fliscorno dun pai que nos leva ata Rosalía. Neste vídeo, cada son conta unha historia. Son historias sen tinta, escritas con aire e emoción. Sons que se suspenden no tempo coma a ponte de Xirimbao sobre o Ulla, unindo xeracións, paisaxes e lembranzas....