Ir al contenido principal

LECTURAS PARA NADAL

 Aquí van unhas recomendacións lectoras para o tempo doce de Nadal

1. O CREBANOCES



Un álbum máxico do conto máis clásico do Nadal.
Para festexar o 10º aniversario de Bululú, recuperamos o noso primeiro álbum ilustrado nunha edición especial, revisada e renovada. María Canosa adapta o conto clásico de E. T. Amadeus Hoffmann, creando unha historia marabillosa e entrañable. David Pintor dá vida ao texto cunhas ilustracións cheas de fantasía e beleza, co seu particular e inimitable estilo artístico. Unha ocasión perfecta para coñecer o relato do Crebanoces e o Rei dos Ratos, un conto clásico entre os clásicos que inspirou o ballet máis famoso de todos os tempos.Un libro para atesourar.

2. Alva e Papá Noel: a conta atrás para o Nadal acaba de comezar


Un álbum ilustrado infantil (ou non) en formato advento para todo o mundo que adora o Nadal. A conta atrás para o Nadal acaba de comezar e na casa de Alva toda a familia se puxo cos preparativos para o seu mes favorito do ano.
No Polo Norte, na casa de Papá Noel, tamén! Queres saber como se prepara Papá Noel para a Noiteboa e para o Nadal? Queres participar neste advento contodos eles? O Nadal está en marcha, só nos faltas ti!

3. Un, dous, tres, Nadal é

Despois de “Un dous tres, que ves?” e “Un dous tres, vampiro ti es” Nadia Budde preséntanos unha nova proposta repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes. Nesta ocasión, son os personaxes e obxectos asociados ao Nadal en diferentes culturas os protagonistas dos seus versos encadeados e cheos de ritmo: abetos, renos, elfos, bonecos de mazapán, Quebranoces, Papá Noel, os Reis Magos... Un álbum de singular formato que nos proporcionará diversión e aprendizaxe. Unha proposta para “cantar e contar” que axudará a desenvolver a imaxinación e a capacidade de comunicarse para prelectores e primeiros lectores.

4. APALEADOR VS PAPA NOEL. AS AVENTURAS DO APALPADOR 

Nos misteriosos bosques do Courel están a acontecer cousas moi estrañas. Cando o elfo explorador Dintantalius decide pescudar o que ocorre, atópase coa axuda dunha rapaza chamada Noa. Ambos os dous emprenden unha fantástica viaxe na procura do gardián do bosque, un xigante coñecido como O Apalpador. Noa axiña descubrirá que aquela fraga esconde un mundo máxico como nunca puido imaxinar.

5. Canto de Nadal

Clásica novela de Charles Dickens, Canción de Nadal, ilustrada por Roberto Innocenti e traducida por Carlos Acevedo protagonizada polo avarento señor Scrooge e os xa célebres espíritos do Nadal Pasado, do Nadal Presente e do Nadal Futuro. Un cálido relato que nos convida a tomar en consideración as cousas que realmente teñen un gran valor na vida. Libro de Kalandraka para nenas e nenos a partir dos dez anos, sen dúbida, desde unha coidada perspectiva.

Achéganse datas moi especiais, e queremos compartir un clásico imprescindible: A Christmas Carol de Charles Dickens, ilustrado por Roberto Innocenti. Feliz lectura! Mira este vídeo sobre o libro elaborado por kalandraka. 



Tamén vos deixo este tríptico de recomendacións lectoras para o Nadal.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade para as letras galegas 2025

  Actividade proposta dende a biblioteca para o día das letras galegas: “O SON DA MIÑA CASA” Propoñémosvos unha actividade interactiva para compartir no blog da biblioteca e implicar a toda a comunidade educativa. Grava unha canción ou recolle un son tradicional: Pide ao túa familia que graben unha pequena peza musical ou recollan un son tradicional da súa contorna (unha nana, un canto, unha pandeirada, ou mesmo un son natural característico da súa zona, como o vento nas árbores ou o canto dun paxaro). Mandar o teu arquivo: poderedes mandar os vosos audios ou vídeos acompañados dunha pequeña explicación.  Informámosvos de que xa podedes enviar os arquivos de audio ou vídeo que queirades compartir. Para facilitar este proceso, imos habilitar unha nova pestana na nosa páxina web onde poderedes subir directamente o voso material. Así, poderemos xuntar todos os contidos e compartilos co resto da comunidade educativa. Se tedes calquera dúbida ou precisades axuda para subir...

23 de abril - Día do Libro: unha homenaxe á lectura

Un libro para soñar: a nosa homenaxe ao Día do Libro O mércores 23 de abril, no CEIP Manuel Villar Paramá celebraremos o Día do Libro cunha actividade moi especial que une emoción, lectura compartida e imaxinación:  Apadriñamento lector. Un libro para soñar Apadriñamento lector  Faremos o noso xa tradicional Apadriñamento Lector. Se o tempo o permite, sairemos ao patio, e alí maiores e pequenos compartirán historias, contos e aventuras baixo o sol primaveral. Un momento máxico onde os libros serven de ponte  Un libro para soñar Pero este ano queremos ir un pasiño máis alá. Antes das vacacións de Semana Santa, repartiremos unha ficha chamada  “Un libro para soñar”, onde cada neno ou nena poderá contar cal é ese libro que leva no corazón: O que máis lle gusta O que lle fai rir, O que lle esperta a imaxinación, Ou o que lle gustaría recomendar a outras persoas. Con todas estas respostas tan cheas de verdade e ilusión, faremos un vídeo conmemorativo onde recoller...

Os sons da miña casa: mapa sonoro

  Hai sons que non se escoitan coa orella, senón co corazón. Sons que veñen do fondo da casa, do fondo da alma.  Este vídeo é un mapa sonoro feito de pequenas músicas que viven agochadas nos recunchos da vida cotiá: a máquina de coser que cose soños, o miañar do gato que acouga a memoria, o trator que sulca a terra coma quen escribe versos sobre o campo. No CEIP Manuel Villar Paramá quixemos recoller eses sons que nos fan, que nos nomean. As nosas familias achegaron melodías de sempre —nanas, pandeiradas, cantos tradicionais— e tamén sons da natureza que nos envolven: o río, os paxaros, o vento e o lume. Tamén chegaron ecos actuais: o acordeón dun avó que toca “Amoriños collín”, a voz infantil que brinca entre palabras, ou o fliscorno dun pai que nos leva ata Rosalía. Neste vídeo, cada son conta unha historia. Son historias sen tinta, escritas con aire e emoción. Sons que se suspenden no tempo coma a ponte de Xirimbao sobre o Ulla, unindo xeracións, paisaxes e lembranzas....