Ir al contenido principal

Recomendacións lectoras de Samaín




A palabra Samaín provén da palabra celta Samhain, que na etimoloxía gaélica significa "fin do verán". Para os celtas, o Samaín supuxo o fin da colleita, a transición ao ano novo (que comezaba coa estación escura) e tamén a apertura ao outro mundo. Esta festa foi absorbida e transformada primeiro pola romanización e despois polo cristianismo, dando lugar ao Día de Todos os Santos e á Noite de Defuntos, tradicións que nos países anglosaxóns deron lugar á festa de Halloween (acrónimo de véspera de Todos os Santos). que significa “Véspera de Todos os Santos”). Unha celebración que se popularizou enormemente nos Estados Unidos e cuxa influencia cultural en Europa provocou o “retorno” dunha festa orixinada no vello continente.

Para este Samaín deixámosvos algunhas propostas de lectura.

3 a 5 anos

GRIPE MONSTRUOSA

Cando Monstro Grande colle a gripe monstruosa, Monstro Pequeno vaino visitar. Pero Monstro Grande é moi difícil de compracer cando está enfermo.

A BRUXA DIVERTIDA

Esta bruxa divertida chámase Rosalía, xoga de noite e dorme de día. Vive nun castelo encantado e viaxa polo mundo na súa vasoira voadora facendo e desfacendo feitizos e encantamentos. Ata que unha misteriosa voz interrompe a súa faena. Quen será?

Primeiros lectores

ASTRO RATO

Viaxa cos nosos heroes polos planetas máis estraños da galaxia, enfrontándose a ameazas tan terroríficas como o Monstro ciclópeo ou os habitantes do planeta Chiklon ou Patacator.


7 a 9 anos

MALVARINA

Coñece a MALVARINA, unha valente nena de nove anos desexosa de converterse en bruxa. Ela decide tomar o control do seu destino e visita ás tres bruxas que gobernan a súa cidade, temidas polos seus terroríficos feitizos.

MORTIÑA

Cando Mortiña sobe ao faiado na procura de disfraces para Halloween, atopa unha postal dos seus pais! Víraos por última vez cando saían para unha longa viaxe... pero nunca máis regresaron. Que sería deles? Para descubrilo terá que botar man de habilidades de detective e de moita imaxinación. Coa axuda de Tristeiro, o seu can fiel, de Dilbert e de todos os seus amigos e amigas, Mortiña seguirá as pegadas de mamá e papá... Pero, dará con eles? 

DIARIO ZOMBI

Ola! Son Jimmy e estou vivindo unha APOCALIPSE ZOMBI totalmente estraña! Todos os adultos da miña cidade de Vilacú convertéronse en zombis, pero non os zombis carnívoros como os que ves nas películas devorando cerebros. Estes zombis son VACAS! Literalmente!

Aquí vos deixo o tríptico das lecturas de Samaín.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade para as letras galegas 2025

  Actividade proposta dende a biblioteca para o día das letras galegas: “O SON DA MIÑA CASA” Propoñémosvos unha actividade interactiva para compartir no blog da biblioteca e implicar a toda a comunidade educativa. Grava unha canción ou recolle un son tradicional: Pide ao túa familia que graben unha pequena peza musical ou recollan un son tradicional da súa contorna (unha nana, un canto, unha pandeirada, ou mesmo un son natural característico da súa zona, como o vento nas árbores ou o canto dun paxaro). Mandar o teu arquivo: poderedes mandar os vosos audios ou vídeos acompañados dunha pequeña explicación.  Informámosvos de que xa podedes enviar os arquivos de audio ou vídeo que queirades compartir. Para facilitar este proceso, imos habilitar unha nova pestana na nosa páxina web onde poderedes subir directamente o voso material. Así, poderemos xuntar todos os contidos e compartilos co resto da comunidade educativa. Se tedes calquera dúbida ou precisades axuda para subir...

23 de abril - Día do Libro: unha homenaxe á lectura

Un libro para soñar: a nosa homenaxe ao Día do Libro O mércores 23 de abril, no CEIP Manuel Villar Paramá celebraremos o Día do Libro cunha actividade moi especial que une emoción, lectura compartida e imaxinación:  Apadriñamento lector. Un libro para soñar Apadriñamento lector  Faremos o noso xa tradicional Apadriñamento Lector. Se o tempo o permite, sairemos ao patio, e alí maiores e pequenos compartirán historias, contos e aventuras baixo o sol primaveral. Un momento máxico onde os libros serven de ponte  Un libro para soñar Pero este ano queremos ir un pasiño máis alá. Antes das vacacións de Semana Santa, repartiremos unha ficha chamada  “Un libro para soñar”, onde cada neno ou nena poderá contar cal é ese libro que leva no corazón: O que máis lle gusta O que lle fai rir, O que lle esperta a imaxinación, Ou o que lle gustaría recomendar a outras persoas. Con todas estas respostas tan cheas de verdade e ilusión, faremos un vídeo conmemorativo onde recoller...

Os sons da miña casa: mapa sonoro

  Hai sons que non se escoitan coa orella, senón co corazón. Sons que veñen do fondo da casa, do fondo da alma.  Este vídeo é un mapa sonoro feito de pequenas músicas que viven agochadas nos recunchos da vida cotiá: a máquina de coser que cose soños, o miañar do gato que acouga a memoria, o trator que sulca a terra coma quen escribe versos sobre o campo. No CEIP Manuel Villar Paramá quixemos recoller eses sons que nos fan, que nos nomean. As nosas familias achegaron melodías de sempre —nanas, pandeiradas, cantos tradicionais— e tamén sons da natureza que nos envolven: o río, os paxaros, o vento e o lume. Tamén chegaron ecos actuais: o acordeón dun avó que toca “Amoriños collín”, a voz infantil que brinca entre palabras, ou o fliscorno dun pai que nos leva ata Rosalía. Neste vídeo, cada son conta unha historia. Son historias sen tinta, escritas con aire e emoción. Sons que se suspenden no tempo coma a ponte de Xirimbao sobre o Ulla, unindo xeracións, paisaxes e lembranzas....