Fíos de memoria

No CEIP Manuel Villar Paramá poñemos en marcha un proxecto moi especial: “Fíos de memoria”. Inspirado no libro “O nobelo de Nenuca” convidamos ao noso alumnado e as súas familias a descubrir o poder das historias que pasan de xeración en xeración. 

Este álbum ilustrado chega ás nosas mans como un agasallo da asociación AGADEA ( Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Azlhéimer)


Este libro inspirounos  para crear o proxecto: FÍOS DE MEMÓRIA. 

Para comezar este proxecto imos  repartir unha Mochila da Memoria.

No interior da mochila atópase:

  • o libro
  • un pendrive para gravar unha lembranza
  • un caderno para escribir ou debuxar a historia
  • un miniálbum de fotos
  • un pequeno cancioneiro
  • un xogo de memoria
  • unha guía sinxela sobre o Alzheimer

Que se fai con todo isto?

  1. Leitura compartida: As familias len xuntas o libro “O nobelo de Nenuca” e comentan o seu significado.
  2. Gravación : O adulto conta unha lembranza da súa vida, que o neno ou nena grava co pendrive. Habilitarase tamén un espazo na páxina web para subir os arquivos como alternativa ao pendrive.

    Ao publicar o ficheiro, será necesario poñer o nome do neno ou nena no título, para poder identificalo e organizalo correctamente.

  3. Expresión: O neno plasma esa historia no Caderno das lembranzas, mediante un texto e un debuxo
  4. Cancioneiro: Se a lembranza ten unha canción asociada, escríbese no Cancioneiro familiar.
  5. Complemento: Poden engadir unha foto antiga no miniálbum e xogar co xogo de memoria.
  6. Reflexión: Lese en familia a Guía sinxela sobre o Alzheimer para comprender con empatía que significa esquecer.

Todas estas creacións transformaranse nun vídeo final, que presentaremos no Día das Letras Galegas, como homenaxe ás persoas maiores que sosteñen a nosa historia.

Un proxecto para escoitar, para lembrar e para agradecer. Porque a memoria tamén se aprende. E se comparte.

Biblioteca do Souto

“A memoria vive en quen a comparte.”



Comentarios

Xardín de soños lectores

Cargando soños lectores...

Entradas coa etiqueta “Recomendacións lectoras”.

Etiquetas frecuentes (Top 14)

Listaxe completa das entradas cargadas: