Campaña de Recollida de Libros 📚

 

Queridas familias,

Animámosvos a participar nunha iniciativa moi especial: doar os libros que as vosas crianzas xa non empreguen á biblioteca do centro.

Novelas, contos, cómics, enciclopedias infantís… todo é benvido, sempre que estea en bo estado.

A idea é sinxela: darlles unha segunda vida e que máis nenos e nenas poidan gozar deles. Grazas á vosa axuda, a nosa biblioteca medrará e será un espazo cada vez máis rico e acolledor para toda a comunidade educativa. Infórmase de que a nosa biblioteca escolar pode recibir doazóns de libros ao longo de todo o curso académico.

Moitas grazas pola vosa colaboración e por seguir alimentando a maxia da lectura no noso colexio.

Porque cada libro doado é unha porta aberta á imaxinación. ✨




Comentarios

Xardín de soños lectores

Cargando soños lectores...

Entradas coa etiqueta “Recomendacións lectoras”.

Etiquetas frecuentes (Top 14)

Listaxe completa das entradas cargadas: