Un libro para soñar: a nosa homenaxe ao Día do Libro
O mércores 23 de abril, no CEIP Manuel Villar Paramá celebraremos o Día do Libro cunha actividade moi especial que une emoción, lectura compartida e imaxinación:
- Apadriñamento lector.
- Un libro para soñar
Faremos o noso xa tradicional Apadriñamento Lector. Se o tempo o permite, sairemos ao patio, e alí maiores e pequenos compartirán historias, contos e aventuras baixo o sol primaveral. Un momento máxico onde os libros serven de ponte
Un libro para soñar
Pero este ano queremos ir un pasiño máis alá.
Antes das vacacións de Semana Santa, repartiremos unha ficha chamada “Un libro para soñar”, onde cada neno ou nena poderá contar cal é ese libro que leva no corazón:
- O que máis lle gusta
- O que lle fai rir,
- O que lle esperta a imaxinación,
- Ou o que lle gustaría recomendar a outras persoas.
Con todas estas respostas tan cheas de verdade e ilusión, faremos un vídeo conmemorativo onde recolleremos as voces, os soños e os libros máis queridos do noso alumnado. Porque cada libro lido deixa unha pegada, e queremos que esas pegadas queden tamén gardadas na nosa memoria colectiva.
Día do libro
Sabías que…?
- Cada ano, a UNESCO escolle unha Capital Mundial do Libro. Este 2025 é a quenda de Strasbourg, en Francia.
- O libro máis vendido de todos os tempos (despois de textos relixiosos) é “Don Quijote de la Mancha”.
- Hai unha tradición en Islandia chamada “Jólabókaflóð”, onde cada Nadal a xente regala libros e pasa a noite lendo!
Comentarios
Publicar un comentario