Ir al contenido principal

Lecturas de verán


A carón da piscina, mirando o mar, na montaña, na casa, o que máis me apetece é ler libros.
Aquí vos deixo algunhas recomendacións:
1. El hilo invisible de Miriam Tirado
Nura descubriu o segredo que garda o embigo: un fío invisible que a une a todas as persoas que máis quere, como a súa nai, o seu pai, os seus avós ou os seus amigos. Nunca volverá ter medo cando non estean con ela, porque grazas ao fío estarán conectados para sempre!

2. A VISITA de Núria Figueras | Anna Font




Un álbum orixinal que nos anima a gozar da soidade e do silencio. Unha proposta necesaria nunha sociedade saturada de “ruído”.

3. OS WINKLE: MÁIS FINOS CA UN ALLO de Iván R.

Unhas ilustracións espectaculares introdúcenos nunha historia protagonizada por unha familia NADA CONVENCIONAL. "Este son eu, Peter Winkle, fillo, neto e bisneto de moitos Winkle diferentes: Winkle perruqueiros, Winkle panadeiros, Winkle carteiros e ate un Winkle trapecistas."

4. 12 cosas por vivir antes de hacerte mayor de Teresa Franquesa

Probaches a voar un papaventos na praia ou nun outeiro? Gustaríache construír unha cabana no bosque? Sae de casa e vive a natureza coas 12 propostas deste libro. Inclúe un cartel do calendario e unha carta para adultos.


5. AMELIA FANG de Laura Ellen Anderson Traducido por Eva Almazán

Serie xuvenil de Contos sobre Amelia Fang . Benvido ao mundo de Nocturnia, onde reina a escuridade, o brillo é terrorífico e os unicornios son a causa dos pesadelos. Únete a Amelia nesta monstruosa aventura... e aínda que é unha vampira, non morde! Ten varios títulos: 

  • Amelia Fang e o Baile Barbárico
  • Amelia Fang e os señores unicornio 
  • Amelia Fang e o ladrón de lembranzas 
  • Amelia Fang e as vacacións da media lúa


6. O libro anti- aburrimiento de Andy Seed


Aviso! Este libro cura calquera tipo de aburrimento! É o libro perfecto se tes que facer unha viaxe longa, ou queres ter moitas ideas para compartir cos teus amigos ou familiares. As súas páxinas están cheas de chistes, xogos de palabras...e moitas outras propostas e afeccións! Entón, esperta a túa imaxinación e prepárate para pasar horas e horas de diversión cos teus amigos ou familiares. Nunca máis te aburrirás!
7. Heartstopper. Rapaz coñece rapaz
Únete ao fenómeno que inspirou a serie de Netflix. Dous rapaces reúnense. Fanse amigos. Namóranse. Por que insistimos en complicar as emocións máis sinxelas? Esta historia de amor entre dous rapaces, un deles declarado homosexual e outro en proceso de autodescubrimento, recordaranos que hai primeiros amores fráxiles como o cristal e memorables como o diamante. Coas vacilacións propias de calquera amor adolescente, Heartstopper responde ao xeito de sentir os mozos reais, cunha visión aberta, natural e sensible do amor e da identidade sexual, sen perder nunca a delicadeza e a emoción.

8. Me llamó Goa de Miriam Tirado

Xa está aquí Goa, a serie que enganchou a máis de 35.000 lectores! Goa é unha adolescente que acaba de cumprir 12 anos e ve a súa vida dar un xiro inesperado. ten 4 títulos:

  • Chámome Goa 
  • Que forte, Goa! 2 
  • Oh My Goa! 3 
  • Go, Go, Goa! 4



Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade para as letras galegas 2025

  Actividade proposta dende a biblioteca para o día das letras galegas: “O SON DA MIÑA CASA” Propoñémosvos unha actividade interactiva para compartir no blog da biblioteca e implicar a toda a comunidade educativa. Grava unha canción ou recolle un son tradicional: Pide ao túa familia que graben unha pequena peza musical ou recollan un son tradicional da súa contorna (unha nana, un canto, unha pandeirada, ou mesmo un son natural característico da súa zona, como o vento nas árbores ou o canto dun paxaro). Mandar o teu arquivo: poderedes mandar os vosos audios ou vídeos acompañados dunha pequeña explicación.  Informámosvos de que xa podedes enviar os arquivos de audio ou vídeo que queirades compartir. Para facilitar este proceso, imos habilitar unha nova pestana na nosa páxina web onde poderedes subir directamente o voso material. Así, poderemos xuntar todos os contidos e compartilos co resto da comunidade educativa. Se tedes calquera dúbida ou precisades axuda para subir...

23 de abril - Día do Libro: unha homenaxe á lectura

Un libro para soñar: a nosa homenaxe ao Día do Libro O mércores 23 de abril, no CEIP Manuel Villar Paramá celebraremos o Día do Libro cunha actividade moi especial que une emoción, lectura compartida e imaxinación:  Apadriñamento lector. Un libro para soñar Apadriñamento lector  Faremos o noso xa tradicional Apadriñamento Lector. Se o tempo o permite, sairemos ao patio, e alí maiores e pequenos compartirán historias, contos e aventuras baixo o sol primaveral. Un momento máxico onde os libros serven de ponte  Un libro para soñar Pero este ano queremos ir un pasiño máis alá. Antes das vacacións de Semana Santa, repartiremos unha ficha chamada  “Un libro para soñar”, onde cada neno ou nena poderá contar cal é ese libro que leva no corazón: O que máis lle gusta O que lle fai rir, O que lle esperta a imaxinación, Ou o que lle gustaría recomendar a outras persoas. Con todas estas respostas tan cheas de verdade e ilusión, faremos un vídeo conmemorativo onde recoller...

Novo curso: Dinosaurios

 Comezamos o curso 2024-25 e a nova temática do proxectos de centro é : Dinosaurios. Algúns son xigantes e outros miden non máis de medio metro, pero todos sempre espertaron a nosa curiosidade dende que se descubriron os primeiros fósiles. Para moitos nenos e nenas, son tan fascinantes que acaban converténdose en verdadeiros expertos. Por iso preparamos unha selección de libros de dinosauros para os afeccionados a estes animais prehistóricos, cuxo interese, en moitos casos, comezou coa famosa saga cinematográfica de Jurassic Park. A película de Jurassic Park trata a seguinte temática: John Hammond é un multimillonario que fai realidade o seu soño: crear un parque temático de dinosauros. Antes de abrilo ao público, decide convidar a unha parella de científicos e un matemático para que visiten a illa e comproben a viabilidade do parque. Pero as medidas de seguridade non poderán conter a ameaza que supón a existencia destes seres hoxe en día. Idade recomendada: +12 anos  Dispoñib...