Ir al contenido principal

Padriños e madriñas lectoras

 



Dende a biblioteca propoñemos unha nova actividade: padriños e madriñas lectores.

Consiste en que os alumnos de grao superior (de 3o a 6o de primaria) se convertan en padriños/madriñas dos menores (de infantil 3 anos a 2o de primaria) para compartir momentos de lectura.
Trátase dunha actividade prevista para todo o curso escolar (unha vez ao mês) ata finais de maio para avaliala en xuño. 
  • Carnet: Cada alumno/a, tanto padriños/madriñas como afillados/as, terá unha tarxeta, na que figuran por unha cara os seus nomes e pola outra os títulos dos libros lidos.
  •  Follas de rexistro - Para rexistrar rapidamente as actas de préstamo, haberá listas dos grupos de padriños/madriñas cunhas casillas para deixar constancia da sinatura do libro que gardan. Farase por duplicado para que o titor teña unha e a outra quede na biblioteca. 
  • Libros: a medida que se coñezan máis o padriño fará eleccións máis personalizadas


Copia de Presentación Actividades para Niños Infantil Colorido Rosa y Azul de Laura Vazquez Garcia

Comentarios

Entradas populares de este blog

Efemérides de xuño

  Aniversarios, datas importantes e curiosidades do mes de xuño O mes de xuño marca unha época de gran importancia para o sector agrario, xa que comezan as colleitas do ciclo Primavera-Verán, é dicir, do que se sementaba no mes de abril.  Non obstante, iso non significa que non continúe a sementeira correspondente a este ciclo, xa que a sementeira deste período remata ata o mes de setembro.  Por outra banda, o mes de xuño marca o inicio do verán coa chegada do solsticio.. Así hai efemérides e conmemoracións como: 1 de xuño: en 1851 Nace Isaac Peral, científico, mariñeiro e militar español, tenente da Real Armada e inventor do submarino Peral. O 6 de xuño de 1984 en Rusia Alekséi Pázhitnov inventou un dos videoxogos máis famosos: Tetris. 8 de xuño: Día Mundial dos Océanos. 11 de xuño: en 1770 nas costas de Australia James Cook descobre a Gran Barreira de Coral. 13 de xuño de 1983 a sonda espacial estadounidense Pioneer 10 pasa a órbita de Neptuno, converténdose no primeiro...

Letras Galegas 2024

A Real Academia Galega, en sesión celebrada o 29 de xuño de 2023, acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta Gómez polo súa contribución á cultura de Galicia e á lingua galega. Naceu na Coruña, o 15 de xullo de 1957. Foi a filla maior dunha familia de clase media; o pai Rafael, profesor mercantil e a nai, María, formada en comercio, trasmitironlle ás súas dúas fillas a afección pola música. súa infancia transcorre entre libros, xogos no parque, debuxos e a observación propia dunha nena esperta e curiosa. Con oito anos, comezou os seus estudos no Conservatorio de Música de Coruña. Dezaoito anos despois gradúase como titulada superior de violino. Logo, estuda Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, e pasará a exercer como profesora de Lingua e Literatura Galegas. Luísa Villalta escribiu obras de diversos xéneros: narrativa, poesía e teatro. E non só iso, senon que colaborou con diversas revistas e asociacións a prol da lingua galega. A primeira obra de...

Efemérides maio

Ahi ven o maio De frores cuberto Puxéronse a porta Cantándome os nenos Os puchos furados Pra min extendendo Pedíronme crocas Dos meus castiñeiros Esta fermosa canción de Emilio Batallán falamos do més de mai: o mes das flores. A vinculación deste mes coas flores, ademais da propia natureza, ten a súa orixe na historia e na cultura popular.Os antigos romanos xa celebraban unha festa na honra de Maia, a deusa da saúde e da fertilidade. Os enfermos eran levados aos seus templos con herbas medicinais para rezar pola cura e o templo estaba decorado con flores. Esta divindade, fortemente ligada á natureza, deu nome ao mes de maio. As flores mandan unha mensaxe de vida, de prosperidade e de esperanza. Por ista razón as efemérides deste mes van dirixidas a lembrar feitos e persoas que simbolizan esperanza. O 1 de maio de 1886 comezou unha folga xeral obreira en Chicago (Estados Unidos) para reclamar unha xornada laboral de oito horas. Isto levaría á revolta de Haymarket tres días despois, o 4 ...